Silleda, 12 de outubro de 2015. Silleda celebrará o Día da Biblioteca o vindeiro martes día 25 cunha actividade dirixida ao público máis novo. A cita será na biblioteca municipal Daniel Castelao ás 17:00 horas coa actividade Cantamos un conto na Biblioteca?, incluída no programa “Ler conta moito”.
A sesión está dirixida a nenos e nenas de 5 a 12 anos, coa literatura infantil e a música como protagonistas.
Luis Vallecillo traerá ao centro silledense un concerto con xogos e animacións, musicando con sonidos rock e blues contos en galego. Será un encontro especila con personaxes e aventuras que se agochan nos libros.
Os asistentes cantarán cancións baseadas en coñecidos títulos que se atopan nas bibliotecas.