Silleda, 26 de outubro de 2016. O Concello de Silleda, a través da Concellería de Deportes e a de Xuventude, promove xunto co Ciclo Medio de Actividades Fisicodeportivas no Medio Rural, do IES Pintor Colmeiro, a celebración dunha Semana Branca en Andorra prevista para finales do inverno.
As concelleiras Ana Luisa González e Pili Peón mantiveron xa o primeiro encontro con Xosé Couso, profesor do citado ciclo formativo, para perfilar esta iniciativa.
O alumnado deste ciclo medio encarase da organización de toda a viaxe, dende o deseño de rutas ou a reserva de aloxamento e comidas, ata as clases de esquí, aluguer de materiais… Unha actividade que tamén lles servirá como experiencia práctica na súa actividade educativa. “Parécenos moi interesante que sexan os propios alumnos e alumnas os que fagan o deseño de todo o programa e da organización”, indica a concelleira de Deportes, Ana Luisa González. A viaxe tería lugar entre febreiro e marzo, época na que a neve estaría garantizada na zona de Andorra, onde está previsto tamén celebrar rutas de sendeirismo, entre outros.
En principio a actividade está destinada a personas a partir dos 10 anos. A proposta, con 7 días de duración, difundirase entre os centros educativos do municipio pero tamén está aberta a todos os veciños e veciñas de Silleda así como familias que queiran disfrutar dunha semana enteira en pleno contacto coa natureza.
Nos vindeiros días comezará a presentarse nos colexios e irán perfilándose todas as actividades desta iniciativa que continúa formando parte das vías de colaboración entre o Concello e o IES Pintor Colmeiro.