Silleda, 27 de outubro de 2016-. O Centro de Desenvolvemento Agrario de Silleda organiza o vindeiro mes de novembro dous cursos relacionados coa aplicación/manipulación de produtos fitosanitarios. Estes ciclos serán gratuitos para os menores de 40 anos, agricultores non activos e aquelas persoas que teñan a súa vivenda habitual no rural.
Haberá un curso básico, que se precisa para comprar calquera produto fitosanitario, con 25 horas de formación máis o preceptivo exame; e outro curso ponte, para obter o carné de nivel cualificado, con 35 horas de formación e tamén examen.
Para a realización destes cursos, que impartirá a entidade Formagal, precísase un mínimo de 20 alumnos por ciclo. Todas aquelas persoas que estén interesadas poden informarse e inscribirse chamando ao Concello (986 580000).