Silleda 29 de outubro de 2016. O Concello de Silleda e os veciños da parroquia de Laro veñen de arranxar o paso subterrano da estrada PO-534 ao seu paso pola localidade silledense, á altura do lugar de Sante. Este acceso subterrano que permite atravesar por debaixo da estrada nunha zona con escasa visibilidade atopábase en moi mal estado, sendo prácticamente intransitable.
Esta actuación forma parte das habituais colaboracións entre veciños e a Administración Local para a mellora de servizos. Así, o Concello aportou os materiais necesarios e os veciños encargáronse de realizar os traballos.
Neste caso dotouse de hormigón unha das marxes dos accesos para mellorar este paso, logo de realizar tarefas de limpeza.