Silleda, 1 de novembro de 2016. O Concello de Silleda abrirá mañá mércores día 2 o prazo para presentar as memorias do certame “Nas festas, somos máis”, una iniciativa que se enmarca na campaña municipal para formentar o empadroamento.
Este certame tamén ten como obxectivo a promoción da riqueza turística e paisaxística do municipio silledense e está dirixido a todos aqueles colectivos ou asociacións, legalmente constituídas, que sexan organizadoras de festas patronais ou gastronómicas do municipio.
Baixo o nome “Nas festas somos mais”, a este concurso poderanse presentar todos aqueles traballos que formen parte da campaña promocional da festa. Tal e como se recolle nas bases, presentadas no mes de xuño, as entidades teñen de prazo ata finais deste mes de novembro para presentar unha memoria na que se especifiquen as actividades de promoción da festa.
Entenderase por traballo participante a totalidade da campaña promocional das festas (celebradas no que vai de ano) incluíndo aspectos sobre o fomento de empadroamento do municipio, (cartaces, actos de presentación do evento, publicidade de lugares turísticos durante as festas…).
A temática será exclusivamente a promoción do Concello de Silleda e o fomento do empadroamento no mesmo.
Valorarase a orixinalidade das iniciativas que se presenten ao certame, cun galardón dotado de 1.500 euros. Esta cantidades destinarase ao financiamento da festa patronal ou gastronómica que representa a comisión organizadora do ano en curso ou da vindeira edición en anos posteriores. Non poderá empregarse o premio para a realización de outros actos realizados pola comisión ou organización, que non estean relacionados co evento principal.
Poderán concurrir a este concurso todas as campañas organizadas no presente ano 2016, dende o 1 de xaneiro, ata o 30 de outubro.
Entre os criterios de avaliación figuran ademais da orixinalidade da campaña en xeral, o número de posibles destinatarios, ou o impacto da campaña , entre outros aspectos.
Este certame forma parte da iniciativa presentada baixo o lema En Silleda somos máis, unha campaña para a concienciación e a sensibilización da cidadanía sobre a importancia de manter o padrón de habitantes.
Esta campaña informativa xurdiu a raíz dos últimos datos poboacionais emitidos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) segundo os que o municipio perdeu preto de 200 habitantes no último ano, pasando dos 8.960 habitantes a algo máis de 8.700.
A perda de financiamento, e por ende de capacidade inversora e merma de fondos para servizos públicos son algunhas das consecuencias da baixada de poboación que se reflexan na campaña, enfocada sobre todo aos centos de veciños que se estima residen en Silleda e non están empadroados no municipio.