Silleda, 4 de novembro de 2016. O vindeiro xoves día 17 terá lugar a segunda das excursións organizadas polo Centro de Desenvolvemento Agrario de Silleda. A expedición, con destino a varios puntos de Lugo, propón nesta ocasión como eixes temáticos a mellora xenética no sector gandeiro e a produción da castaña, logo da exitosa visita en setembro a unha planta de sidra e unha adega da Ribeira Sacra.
O grupo partirá dende a Casa do Concello as 10:00 horas. A primeira parada será en Guntín, para coñecer unha prantación de castaños onde se falará das distintas variedades, marcos de plantación, tratamentos e coidados, entre outros. Seguidamente a expedición achegarase a Esperante, preto de Lugo, para visitar durante aproximadamente dúas horas as instalacións de Xenética Fontao.
O xantar será no restaurante Fonte do Rei, en Lugo, cun prezo de 16 euros, o único que terán que abonar os participantes.
Xa pola tarde, de volta a Silleda, a excursión recalará en Monterroso para poñecer a planta de Alibós, a maior fábrica de España adicada a productos da castaña. Alí responsables da empresa, que este mes está en plena produción amosarán as variedades de produtos (castaña conxelada, fariña de castaña, en conserva, con almíbar…)
As persoas que desexen asistir poden anotarse ata o día 14 na Casa do Concello, Casa da Cultura ou Casa da Xuventude.