O auxe da agricultura ecolóxica, a debate nas xornada do Centro Agrario que se celebra o vindeiro 18 en Vista Alegre

Silleda,  9 de novembro  de 2016.  O vindeiro venres día 18 celebraráse a terceira xornada organizada dende o Centro de Desenvolvemento Agrario de Silleda, coa agricultura ecolóxica como protagonista. A cita será a partir das 16:00 horas, no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, abrirá a sesión na que participarán tres expertos. A primeira das intervencións será a de Francisco José Peña Castiñeira, doutor en Farmacia e ex profesor de Hixiene e Sanidade Ambiental na Facultade de Farmacia; e de Medicina Preventiva e Social na Facultade de Medicina da USC.

Peña, pioneiro e impulsor da saúde ambiental, ten un recoñecido prestixio incluso a nivel internacional é foi o fundador, entre outros do Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles.  Na cita silledense falará sobre Medio Ambiente e sáude: o camiño cara uha Galicia máis sustentable e sostible

A ecoloxía aplicada á agricultura ecolóxica é o título da intervención que realizará Xan Neira Seijo profesor do departamento de Enxeñería Agroforestal da USC na Escola Politécnica Superior de Lugo e

 

Vicepresidente da Sociedade Españala de Agricultura Ecolóxica (SEAE). Esta entidade, fundada en 1991 cuenta na actualidade con preto de 900 asociados, entre empresas, profesores, investigadores, técnicos e consumidores, todos vinculados á agricultura ecolóxica.

Pechará as intervencións Javier García Lozano, secretario do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), que falará sobre a certificación ecolóxica en Galicia.

 

Esta será a terceira xornada formativa do Centro de Desenvolvemento Agrario, logo de que o programa de relatorios se abrira o pasado mes  abril coas oportunidades que ofrecen produtos innovadores e a volta ao rural. En setembro o emprendemento no mundo agrario foi o protagonista das segundas xornadas que agora apostan polo auxe da agricultura ecolóxica.

 

“Cremos que se tratan de tema de interese, tanto para os produtores e as persoas que se adican ao sector primario coma para os consumidores, cada vez máis preocupados por la calidade da alimentación”, indica o concelleiro de Medio Rural, Jesús Taboada.