Silleda, 2 de febreiro de 2017. O departamento municipal de Educación Social, a través da Concellería de Benestar Social e Sanidade, que dirixe Pili Peón, organiza a partir da vindeira semana obradoiros no que se abordarán a prevención de consumo de drogas, a educación afectivo sexual e o uso de internet e redes sociais, dirixidos aos alumnos e alumnas da ESO.
Entre os obxectivos figura informar e formar ao alumnado sobre as sustancias os efectos e consecuencias das drogas de cara a unha toma de decisión máis correcta e de menor risco; fomentar hábitos de uso responsable das novas tecnoloxías, ou proporcionar unha formación afectivo sexual lirbe de estereotipos sexistas e baseada no respeto, autonomía persoas e na prevención da violencia nas relacións de parella adolescentes.
Así, no IES Pintor Colmeiro levaranse a cabo tres sesión co alumnado da ESO repartidos en varios grupos (os días 7,9,14,16,21 e23 ) e no colexio María Inmaculada celebraránse os días 8,15 e 22 próximos.
“Consideramos que se trata de temáticas importantes e de actualidade e que é necesario aportar aos nosos adolescentes formación para previr condutas de risco. Os nosos mozos e mozas precisan información libre de crenzas, mitos e prexuizos para ter maís autonomía e ser menos vulnerables”, indica a concelleira Pili Peón.
O obradoiro desenvolverase seguindo unha metodoloxía que fomentará a participación e a reflexión autocrítica, na que os alumnos e alumnas asistentes serán os protagonistas da súa aprendizaxe.