Silleda, 4 de febreiro de 2017. Hoxe tuvo lugar a inauguración das melloras no campo de Tiro de O Picoto. O alcalde, Manuel Cuiña e o presidente da Sociedade Deportiva de Caza, Pesca e Tiro de Silleda, Jesús Pérez Caramés, descubriron a placa conmemorativa das actuacións, na que se agradece a colaboración municipal.
Pérez Caramés destacou o apoio do Concello de Silleda na realización das tarefas realizadas este fermoso entorno que tende a convertirse nunha área recreativa.Así, ademáis da cubierta do foso de tiro, nos últimos meses realizáronse obras coma a dotación dunha parrilla, a charca -debidamente cerrada cun peche de madera- e a dotación de auga e luz nas instalacións.
Pola súa banda, o alcalde, Manuel Cuiña, destacou o traballo feito pola entidades neste espazo municipal "sobre todo dos directivos que no seu tempo libre traballaron a reo para mellorar estas instalacións", indicou destacando o resultado entre a colaboración das entidades, neste caso da Sociedade de Caza, Pesca e Tiro co Concello de Silleda.