Silleda, 17 de febreiro de 2017. A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas iniciou hoxe en Laro as visitas o municipio de Silleda. Logo de pasar por Laro, onde estará tamén o luns, a ITV agrícola deprazarase ata Bandeira (dende o martes 21 ao xoves 23)
Así, visitará a parroquia de Laro (Campo da Festa) do 17 ao 20 de febreiro; na Bandeira, estará do 21 ao 23 de febreiro (na rúa da Esmorga) e en Escuadro do 24 ao 28 fronte ao cemiterio.
O horario habitual de atención será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas de luns a venres, agás o xoves día 23, no que o horario será sólo de mañá.
A unidade móbil desprazarase tamén a Silleda os días 2 e 3 de marzo. Estará detrás do Centro de Saúde, como de costume. O horario será tamén de 09:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 horas.
Para solicitar cita previa os interesados poden facelo vía telefónica, chamando ao 902 309000, ou a través da páxina web www.sycitv.com