Silleda, 13 de marzo de 2017. O Concello de Silleda, a través do departamento de Cultura, que dirixe Ana Luisa González Costa, pon en marcha o programa Silleda Crea, un censo municipal de artistas culturais do municipio. Este listado, ao que se poderá acceder unha vez configurado a través da web municipal, busca fomentar a contratación de grupos e creadores silledenses por parte dos organizadores de distintos eventos.
As bases do programa, que se subirán esta semana á web municipal, foron aprobadas hoxe en Xunta de Goberno Local.
Neste censo poderán inscribirse todos os artistas locais que teñan a súa residencia ou a sede do colectivo no termo municipal de Silleda.
As inscricións faranse dacordo á instancia establecida para este Programa, cuxo modelo poderá retirarse nas oficinas do Concello ou descargar na páxina web www.silleda.gal. Ademais deste anexo deberase aportar a documentación requerida. O expediente completo de inscrición debe presentarse no Rexistro Municipal do Concello de Silleda, en soporte físico.
O censo de Silleda Crea dividirase en tres grandes bloques segundo as distintas modalidades de creación. Así establecese un censo cultural musical, que incluirá Bandas de Música, grupos de baile e música tradicional, grupos musicais en xeral, solistas e cantautores, coros e masas coais, grupos de danza e baile moderno..-. Outro dos apartados rexistrará aos artesáns e creadores/as. Neste bloque distintiguirase por un lado aos artesáns que dispoñan da chamada carta de artesán e os creadores locais, considerando aos artistas de diversa índole, (escritores, poetas, pintores ou outros relacionados coas traballos manuais que non dispoñan de carta de artesáns. O terceiro apartado será para artistas relacionados coas artes escénicas (grupos de teatro, actrices e actores, monicreques, grupos de animación infantil, clowns, humoristas…ou calquera outro relacionado con este apartado.
O programa será dinámico, aberto a novas inscricións ou modificacións nos datos dos creadores e grupos que se rexistren en Silleda Crea.
“A través deste censo queremos potenciar aos nosos artistas e grupos locais tratando de favorecer a súa contratación”, explica a concelleira Ana Luisa González. Neste senso, a responsable municipal de Cultura lembra que nas bases do programa Nas festas somos máis, no marco da campaña de concienciación para favorecer o empadroamento, as novas bases puntúan a contratación de grupos locais. “É a nosa obriga fomentar e potenciar aos artistas e creadores/as de Silleda”, engade .
No listado estarán dispoñibles para o o público os datos de contacto coas entidades e artistas que figuren no censo (teléfono, enderezo electrónico e enderezo postal).
Segundo se rexistren as primeiras solicitudes crearase un banner específico para Silleda Crea na web municipal www.silleda.gal.
O formulario pode descargarse aquí (premer no titular desta nova).