Silleda, 11 de abril de 2017. Hoxe deron comezo as obras de pintado das sendas peonís que unen a rúa da estación co tramo de beirarrúas de O Castro, na marxe dereita da estrada PO- 211 en dirección a Breixa.
O proxecto que inclue ademais carril bici ata o acceso ás pistas deportivas municipais de tenis e pádel, supuxo unha inversión de 150.000 euros.
Esta dotación era unha das obras previstas no programa do goberno municipal, para reforzar a seguridade nesta zona, sobre todo tendo en conta o número de usuarios que se achegan ata as pistas deportivas, e para ampliar o circuito peonil nas aforas da vila de Silleda
Nesta semana quedarán listos os traballos, logo de proceder ao pintado de todo o tramo e ao axardinamento nalgún das zonas das sendas para embelecer a zona interior.
Con esta actuación complétase tamén o circuito peonil periurbano, que se mellorou o pasado ano coa nova dotación na estrada de Vilanova, ou o remate de aceras no tramo de Morón, entre outras actuación que se levaron a cabo nos últimos anos.
“Era unha obra moi agardada que nos vindeiros días estará totalmente rematada para disfrute dos veciños e para reforzar a seguridade viaria nesta zona”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.