Silleda, 17 de abril de 2017. O Concello de Silleda volve concorrer de novo á orde autonómica pola que se convocan os obradoiros de emprego. O proyecto, baixo o título Silleda Verde, ten dúas liñas de actuación relacionadas con proxectos que xa están en marcha a día de hoxe no municipio de Silleda.
Así un dos módulos propostos e de asistencia sociosanitaria en domicilios e institucións, cuestión relacionada coa posta en marcha da residencia de maiores e o Centro de Día que comezará a construirse nas vindeiras semanas; e o otro está relacionado co Centro de Desenvolvemento Agrario entre outros. Este segundo módulo centraríase en traballos forestáis e de xardinería.
Propóñense actuacións de repoboación en montes, corrección hidrográfica, costrucción e mantemento de distintas estructuras forestáis, ou a realización de tratamentos silvícolas, entre outros. Este módulo tamén se complementaría con actuacións de mantemento e mellora de distintas áreas recreativas, sendas… en distintos puntos do rural de Silleda.
Cada un dos módulos contaría con 10 alumno. O orzamento do proxecto, para salarios do equipo directivo e dos alumnos/as traballadores/as é de 279.000 euros.
Dende o goberno municipal o alcalde, Manuel Cuiña, lembra que o obradoiro de Sementé de Pedra 2016, que rematará a fináis do vindeiro mes de maio está dando moi bos resultados "e aínda que falta por ver o nivel de inserción do alumnado o traballo que están a realizar xa destaca a día de hoxe", engade.
Ademáis da urbanización e mellora do entorno da praza da Igrexa, que inclue a dotación dunha orixinal fonte, a través desde obradoiro estase a axardinar e preparar a parcela onde se ubicara a residencia de maiores. "Son dúas actuacións que van a deixar a súa impronta en Silleda e xa que estivemos oito anos sin contar cun obradoiro de emprego, esperamos que este novo proxecto sexa aprobado para dar certa continuidade non só a proxectos coma o da residencia señor para contribuir á formación e empregabilidade dos nosos veciños e veciñas", engade o rededor.