Silleda, 4 de maio de 2017. A Concellería de Educación de Silleda, que dirixe Pilar Peón, abre de novo prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2017 no CEIP Ramón de Valenzuela. Esta iniciativa xurde ao non completarse o número de prazas cubertas necesarias para que as actividades de verán poidan desenvolverse tamén na localidade da Bandeira.
As persoas insteresadas poden presentar a inscrición no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ata o vindeiro día 30 de maio.
Para recibir máis información poden dirixirse á Concellería de Educación a través do número de teléfono 986 581028.