Silleda, 24 de maio de 2017. Hoxe celebrouse un encontro no Concello de Silleda entre responsables municipais e da entidade Abanca para abordar a posta en marcha do operativo para a pasar ao cobro os recibos de abastecemento e saneamento de augas, toda vez que o servizo pasou a ser municipal.
O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, xunto cos responsables dos servizos técnicos municipais (Intervención e Secretaría) e o encargado de Institucións da entidade bancaria, entre outros, mantiveron unha reunión para valorar a sinatura dun convenio de cara a xestión e domicialización dos recibos.
O rexedor explica que a idea é pasar ao cobro o primeiro trimestre na primeira quincena do mes de xuño.
O Concello de Silleda fíxose cargo do servizo a principios deste ano. Está previsto que a partir de xaneiro de 2018, coa entrada en vigor dunha nova ordenanza os recibos se adapten “e se pague polo servizo de auga o seu custe real”, indica o alcalde.