Silleda, 30 de maio de 2017. A Concellería de Educación de Silleda, que dirixe Pilar Peón, continúa esta semana coas actividades para escolares. Os protagonistas serán neste caso os 390 alumnos e alumnas de Primaria dos tres centros do municipio (CEIP de Silleda, CEIP Ramón de Valenzuela e Colexio Plurilíngüe María Inmaculada) que asistirán á representación da obra “A Galiña Azul”, a cargo de UBÚ Teatro, baseada no texto homónimo de Carlos Casares.
A cita será ás 11:30 horas no auditorio da Semana Verde. Esta actuación enmárcase tamén nas actividades culturais coa figura de Carlos Casares como fondo, no ano que se lle adicou o Día das Letras.
Así mesmo, súmase ás actuacións de Migallas Teatro, programada pola Concellería de Educación o pasado 7 de abril para o alumnado de Infantil, e ás actividades que se destinaron a Secundaria, caso da charla “Sorrisos Transformadores” tamén o pasado mes de abril.