Silleda, 29 de xuño de 2017. O Concello de Silleda, a través do departamento municipal de Turismo que dirixe Ana Luisa González, vén de poner en marcha un plan de sinalización e interpretación do patrimonio histórico e cultural.
Ao municipio correspondeulle a cantidade de 7.942,38 euros da liña de subvención da Deputación de Pontevedra para realizar actuacións deste tipo.
No proxecto de Silleda incluirónse varios lugares, “enclaves dispersos pola nosa xeografía que merecen unha mención especial”, sinala a concelleira.
Así, no proxecto figuran a Ponte Taboada, sobre o río Deza; o conxunto histórico de O Foxo de Deza, o lugar de Penadauga , na parroquia de Escuadro; o Castro de Toiriz, ao pé da vila de Silleda, e máis próximos no tempo o lavadoiro comunitario de Campo, o muiño de Covián, en Rellas, entre outros. Tamén se colocou outro xunto ao Parque Municipal das Pedrosas.
“Máis aló do grandísimo legado do románico, presente en numerosas parroquias e con Carboeiro ao frente, e dos moitos encantos naturais, tamén tempos lugares como estos que merecen ser reseñados”, explica a concelleira.
Esta proposta vén a dar ademais resposta ás demandas dos numerosos visitantes que se achegan cada ano a Silleda, ademais de complementar a oferta existente con Carboeiro, a Fervenza do Toxa, Férveda ou a Ruta do Románico –que se sinalizou o pasado ano-.
Nestes días estase a proceder á colocación de paneis informativos cunha estrutura similar, recollendo distintas características e datos históricos e de interese de cada un.
A proposta de Silleda, tomando como referencia ou antigo Camiño Real a Santiago comeza pois na Pons Tabulata, en Taboada, construida no ano 912. En Silleda, incluiríase o lavadoiro e fonte do Campo, os Castros de Toiriz, preto da vila e tamén o Parque Municipal das Pedrosas. Tamén se colocarán paneis informativos sobre o Camiño do Sueste ou Camiño Mozárabe, que discorre polo municipio e sobre o conxunto histórico de O Foxo.
Trátase dun dos conxuntos históricos máis antigos do actual Concello e da antiga xurisdicción de Trasdeza. Diversas fontes destacan a súa importancia como cruce de camiños medievais destacados, paso obrigado de arrieiros, e Camiño Real que unía Castela con Compostela.
O lugar de Penadauga, en Escuadro ten tamén un lugar destacado, máis aló das crenzas relixiosas e lendas populares, ao celebrarse tamén nesta aldea unha importante feira.
O muiño de Covián, en Rellas, que data do ano 1810 e que está considerado como un dos máis grandes da comarca, con 4 moas, figura tamén no proxecto.
Rueiros
Así mesmo, nos cascos urbáns de Silleda e da Bandeira incluénse paneis de similares características técnicas que conteñen rueiros acualizados das dúas vilas e senllos mapas turísticos do municipio, e que se colocarán nos próximos días.
En Silleda ubicarase na rúa Trasdeza, preto do Concello, e na Bandeira na praza Juan José Salgueiro, (preto do calello da Igrexa).
“Cremos que esta información será moi útil tanto para os visitantes e turistas coma para os milleiros de peregrinos que pasan por Silleda cada ano camiño a Compostela”, engade a concelleira.