Silleda, 8 de xullo de 2017. O goberno municipal de Silleda vén de aduxicar á empresa Construcciones Taboada y Ramos as obras da primeira fase de mellora do Campo de Fútbol da Gandareira, na Bandeira.
O proceso de adxudicación, por concurso aberto, iniciouse en días pasados coa apertura das plicas das 12 ofertas que se presentaron en total. A firma adxudicataria logrou a mellor puntuación no proceso.
Esta actuación, financiada a través dun convenio coa Deputación de Pontevedra, corresponde á primeira fase das obras de remodelación da Gandareira, cunha inversión de máis de 400.000 euros.
Esta dotación é unha das máis agardadas tendo en conta que o da Bandeira é o único dos 4 campos de fútbol de Silleda que aínda ten o terreo de xogo en terra.
Esta obra, será unha das grandes inversión deste ano en Silleda no ámbito das infraestruturas deportivas xunto coa renovación da manta de herba sintética do campo de Outeiriño en Silleda, que xa está en marcha, e no no que se investirán 214. 107,38 euros.
“Nas próximas semanas teremos en marcha as obras de reforma dos campos de fútbol da Bandeira e Silleda, dúas obras que virán a situar ao noso municipio nun dos que contan con mellores infraestruturas deportivas”, apunta o concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey.
Estes dous campos súmanse as obras realizadas polo Concello nos anos 2012 e 2013 nos campos de Lamela e Laro, respectivamente, coa dotación de terreos de xogo de herba natural.
“Dende o Concello de Silleda apostamos por mellorar os equipamentos deportivos con distintas obras de mellora ás que agora se suma a agardada e necesaria remodelación integral do campo da Gandareira”, engade o concelleiro.
O proxecto da Gandareira inclúe ademais da dotación de herba sintética unha serie de melloras neste campo municipal que ata agora estaba en terra.