Silleda, 10 de agosto de 2017. Silleda participará dende o martes 22 ao luns 28 próximos no programa de intercambio do municipio francés de Caneján. Unha comitiva partirá o martes 22 en autobús ata a localidade francesa que sellará durante estas celebracións o seu irmandamento con Silleda e a localidade húngara de Nagykowacsi. Tamén estará presente a localidade italiana de Poggio Mirteto, coa que Canéjan está xa irmandada dende o ano 2003.
Estarán presentes na firma o alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Cultura, Ana Luisa González, participando xa esta última nos actos previstos dende o martes.
Como grupo cultural representando ao municipio participará Fortín da Pomba, segundo o sorteo celebrado o pasado mes de abril. Finalmente, e dado que non se logrou a subvención europea para este programa de irmandamento, houbo que reducir a delegación, co que finalmente solo viaxará o grupo Fortín da Pomba (inicialmente estaba prevista tamén a Banda de Música de Bandeira). As 20 persoas que integran a delegación aloxaranse con familias da localidade.
Os actos comezarán o luns 22 coa recepción no consistorio de Canéjan, presidida polo alcalde, Bernard Garrigou e a presidenta co Comité de Irmandamento e Relacións Internacionais da localidade, Daniele Antoniazzi. O mércores haberá visita a Bourdeaux, localidade próxima a Caneján, para coñecer esta cidade famosa entre outros pola súa producción vinícola.
O xoves o grupo visitará as localidades de Andernos e Audenge e o venres desprazaránse ata o Castelo de Puyfromage, entre outros ademais de participar nas actividades de “Alberga Europa”.
O sábado 26 será o día grande do programa coa xornada na que Canéjan firmará definitivamente o irmandamento con Silleda e a cidade húngara. O acto, no que participará o alcalde, Manuel Cuiña, terá lugar ás 18:30 horas no Centro Simone Signoret e contará coa actuación do grupo de baile e música tradicional silledense, ademais de outras actuacións de grupos dos países participantes.
O luns 28 a comitiva visitará Talmont, considerado un dos pobos máis fermosos de Francia para partir o martes a primeira hora de regreso a Silleda.
O pasado mes de decembro unha delegación de Canejan visitou Silleda para coñecer a localidade e asinar o xuramento de irmandamento comprometéndose as dúas localidades a manter lazos permanentes a fin de dialogar, intercambiar experiencias e poñer en práctica toda acción conxunta susceptible de enriquecerse mutuamente .
“O irmandamento con esta localidade francesa que quedará definitivamente listo o vindeiro sábado 26 pode ser moi proveitoso para dinamizar o noso municipio, tendo en conta tamén a ampla experiencia de Canéjan nas relacións de irmandamento, con proxectos de intercambio anuais dende hai máis dunha década”, indica o alcalde, Manuel Cuiña