Presentadas un total de 88 solicitudes para o servizo lúdico educativo do Concello de Silleda

Silleda, 22 de agosto de 2017.  O prazo de solicitudes para participar no Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda rematou hoxe cun total de 88 peticións formuladas en total. Neste número inclúese tanto as do servizo durante o calendario escolar coma para os campamentos de Nadal e verán.

A día de hoxe están cubertas todas as prazas ofertadas pero dende a Concellería de Educación decidiuse continuar recollendo solicitudes ata o vindeiro día 31 para aquelas persoas que desexen entrar na lista de agarda.

Os formularios para a inscrición están dispoñibles na Casa da Cultura, no propio Rexistro e tamén se poderán  descargar a través da web municipal (www.silleda.gal).

 Coa inscrición hai que axuntar unha serie de documentación, (fotocopia do Libro de Familia, fotocopia da tarxeta sanitaria do/a menor,  declaración da Renda 2016…), entre elas a autorización de domiciliación de recibos, cun formulario que tamén está dispoñible para os usuarios.

Para recibir máis información as familias interesadas poden dirixirse ao departamento municipal de Educación, chamando ao 986 581028.