Silleda, 23 de agosto de 2017. O Centro de Información á Muller (CIM) de Silleda promove un ciclo formativo sobre habilidades e destrezas socio-comunicativas para a búsqueda activa de emprego, unha iniciativa dirixida a mulleres en situación de vulnerabilidade.
O ciclo, baixo o lema Xénero e vulnerabilidade, está subvencionado pola Deputación de Pontevedra, e conta cun total de 15 prazas. A inscrición pode formalizarse dende mañá xoves día 24 ata o vindeiro 1 de setembro nas oficinas do CIM, no Centro Social de Silleda.
Con este ciclo, búscase facilitar a inserción laboral das mulleres participantes, mediante un proceso de preformación no que se desenvolvan accións para o emprego destinadas a mellorar as competencias persoais e profesionais, contribuíndo a súa recuperación social a través do mercado laboral.
Tamén se aposta polo empoderamento das mulleres participantes, posibilitando o seu desenvolvemento integral e saúdable.
Aplicar estratexias de resolución de problemas, con autonomía e creatividade, planificando as accións, valorando os resultados e reflexionando sobre as dificultades e sobre as posibilidades de mellora, é outro dos obxetivos do programa, co que tamén se pretende compensar as desigualdades froito dun devir histórico e sociocultural sexista.
Dende o CIM, da Concellería de Igualdade, advírtese que as mulleres en situación de vulnerabilidade presentan en maior medida unhas taxas de desemprego máis elevadas, e contan con ingresos inferiores, e polo tanto con maior dependencia económica.
A menor autonomía persoal así como a pouca valoración social das súas potencialidades coa consecuente menor autoestima e outra das motivacións deste plan formativo para facer posible que o colectivo de mulleres en situación de vulnerabilidade poida incrementar as súas competencias socio-comunicativas básicas para levar a cabo unha búsqueda de emprego activa e eficaz, así como mellorar as competencias sociais e emocionais.
Así, tamén figuran entre os obxectivos facilitar a integración social, laboral e a independencia económica das mulleres en situación de vulnerabilidade, ou consolidar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral, apoiando medidas que faciliten o acceso das mulleres a empregos de calidade e a súa estabilidade e desenvolvemento profesional.
Dez bloques formativos
O ciclo desenvolveráse dende o 4 de setembro ata o 9 de novembro, cun total de 10 bloques formativos. Así, abordaránse cuestión como a comunicación, escoita activa, o uso das redes sociais na búsqueda activa de emprego, o primeiro contacto co mundo laboral, emocions, ou asertividade e empatía, entre outros.