Silleda, 8 de novembro de 2017. O vindeiro venres día 17 celebrarase unha nova edición do Xantar de Magosto para os maiores, organizado pola Concellería de Benestar Social de Silleda, que dirixe Pili Peón e o Club do Centro Social dos Maiores. A cita será ás 14:00 horas no restaurante Coteliño O menú constará de bacallau ao forno, carne ao caldeiro, castañas, postre e café. A animación musical en directo correrá a cargo do grupo Punto Cero.
O prezo é de 14 euros para veciños/as de Silleda e socios do Club de Maiores e de 15 euros para veciños doutros municipios ou persoas que non sexan socias. Para inscribirse os interesados poden dirixirse aos Centros Sociais de Silleda e da Bandeira ou ben chamar ao 986 592037. Para participar é imprescidible estar anotado previamente