Silleda, 3 de maio de 2018. O Concello de Silleda conta xa cunha ferramenta máis de comunicación coa veciñanza. Trátase da App “Silleda Informa”, que a través da aplicación Bando Móbil, permitirá informar aos usuarios/as de distintas cuestións de interese. Bandos, comunicados, axenda cultural, teléfonos de interese..
Os veciños e veciñas poderán descargar esta APP de xeito gratuito a través da lectura de códigos QR –para o que xa se están a colocar carteis informativos- ou tamén a través de internet.
O servizo, ao que xa están suscritos numerosos Concellos, manten informados aos usuarios sobre cuestións de interese e conta con sección adicadas a cultura e ocio, asociacións, servizos… Tamén conta con con axenda e un listado de teléfonos de servizos públicos do municipio.
Comunica
Un dos apartados máis interesantes é a sección “Comunica” a través da que os usuarios poden reportar incidencias ao Concello de Silleda –adxuntando mesmo fotografías- facer propostas ou consultar distintas cuestións. “Trátase dun servizo que permite ademais de informar, que os veciños se poidan comunicarse co Concello”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.
Este servizo súmase a outras canles de comunicación do Concello postas en marcha nos últimos anos, como os perfís oficiais nas Redes Sociais (Facebook e Twitter). “Con esta App vimos a completar os servizos de comunicación que tanto mudaron nos últimos anos coas novas tecnoloxías”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.