APROBADAS AS NORMAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS COMPLEMENTARIAS, PARA AS FAMILIAS QUE PRECISAN DE PROTECCIÓN ESPECIAL, OU AS QUE TEÑAN A TODOS OS MEMBROS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO, PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

O Concello de Silleda vén de aprobar a resolución que establece a normas para conceder axudas complementarias para libros de texto e material escolar, no curso 2013-2014, destinadas a familias que precisan de protección especial ou teñen a todos os seus membros en situación de desemprego. O prazo de solicitude remata o día 21 de setembro. As solicitudes e normas poden descargarse a continuación. Unha vez cubertos os formularios (que poden recollerse no departamento de Servizos Sociais) deben de presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 09.00 a 14.00 horas.