CAMPAÑA DE RECOLLIDA E RECICLAXE DE ROUPA E CALZADO EN FAVOR DO POBO SAHARAUI

Solidariedade Galega co Pobo Saharaui vai realizar unha Campaña de Recollida e reciclaxe de Roupa e Calzado Usados en beneficio do Pobo Saharaui.


Esta campaña que se realiza por segundo ano no Concello de Silleda e no resto da Comarca de Deza consiste en que todas as persoas que queiran a aportar o seu graniño de area e solidariedade co pobo saharaui , poden colaborar aportando roupa e calzado usado nos puntos de recollida que habilitamos por toda a comarca.

Ca vosa aportación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui entregará a roupa e o calzado usado a unha empresa de reciclaxe así podrá obter uns beneficios económicos, para poder facer realidade o Programa Vacacións en Paz 2014 e outros proxectos de cooperación (sanitario,educación ,…) cos Campamentos de Refuxiados Saharauis.

O Programa Vacacións en Paz consiste en que nen@s saharauis poidan pasar os meses de xullo e agosto con familias galegas, donde támen realizan ás revisións médicas pertinentes.Estos nen@s que viven no exilio nos Campamentos de Refuxiados en Tindouf-Arxelia, pola ocupación de Marrocos do Sahara Occidental.O programa permite que poidan saír do inhóspito deserto e duras condicións que se viven nun campamento de refuxiados (alimentación,sanidade,altas temperaturas,..) e así durante dous meses poder gozar dunhas Vacacións en Paz.

A duración da campaña será do 1 de Outubro ata 31 de Decembro do 2013.

Os Puntos de Recoliida son os seguintes:

SERVIZOS SOCIAIS – Silleda

CASA DA CULTURA – Silleda

SERINTER ( Avd do Parque) – Silleda