COMUNICADO SOBRE AS FESTAS DE VERÁN 2014

O Concello de Silleda farase cargo das festas de verán de Silleda, que se desenvolverán do 11 ao 13 de xullo próximos. Esta decisión adoptouse logo de coñecer a renuncia das persoas que estaban ao frente do petitorio, e que entregaron a cantidade xa recadada ata o momento no Concello.

Deste xeito, o Concello asumirá a organización dos festexos, para os que se continuará solicitando a colaboración dos veciños e veciñas de Silleda, especialmente dos comercios, hostalería e das empresas locais. Para os donativos, nos vindeiros días informarase sobre un número de conta que se abrirá a nome do Concello de Silleda para realizar as aportacións.

Así mesmo, nos vindeiros días personal municipal continuará realizando personalmente o petitorio pola localidade.

Dende o goberno municipal apélase á vontade dos veciños e veciñas para a celebración dunhas festas que son de todos e todas as silledenses.

Persoal municipal

Reitérase que só dous traballadores municipais, que acoden debidamente identificados, está autorizados para realizar o petitorio.

Así mesmo tamén se informa do número de conta habilitado en Novagalicia Banco ( IBAN ES27 2080 5443 3731 1010 0171) para que todas aquelas persoas que o desexen poidan ingresar nela as súas aportacións. Nesta mesma conta foi ingresada hoxe a recadación entregada pola persoa que se encargou nos últimos días do petitorio.

Ante a renuncia das persoas que estaban a traballar na organización das festas, por causas exclusivamente persoais e totalmente alleas á xestión das festas, o Concello decidiu asumir toda a coordinación dos festexos. Á vista desta situación, dende o goberno municipal apélase á colaboración de todas e todos os veciños co programa de festexos.