Silleda, 19 de xullo de 2016. O Mosteiro de Carboeiro abrirá as súas portas o vindeiro luns 25 de xullo. Aínda que os luns ao longo de todo o ano o enclave permanece pechado como norma, o próximo 25 estará aberto con motivo da festividade do Día de Galicia, e tal e como o dita a ordenanza reguladora da taxa por entrada e visita ao mosteiro.
Dita ordenanza estipula tamén a gratuidade do acceso ao enclave ese día, o mesmo que tamén se fixo o pasado 18 de maio con motivo do Día Internacional dos Museos, e que se fará o vindeiro 10 de agosto pola festividade de San Lourenzo, patrón do lugar.
O mosteiro estará aberto en horario habitual, de 11.00 a 14.30 horas pola mañá, e de 16.30 a 20.30 pola tarde, permitindo a última hora de acceso ó enclave ás 20.00 horas da tarde.