Silleda, 10 de xuño de 2015. A Romaría do Rapaz celebra a súa vixésimo novena edición o vindeiro domingo día 25. A cita, no recinto da Saleta, en Siador, contará con actividades xa clásicas e outras novas e terá como eixo temático o medievo.
Esta festa singular e única en Galicia, onde os cativos son os protagonistas arrancará ás 11.00 horas coa apertura de obradoiros, inchables, actividades deportivas e multiaventura, que continuarán durante toda a xornada.
Entre os obradoiros figuran un de elaboración de escudos (organizado pola Anpa do CEIP de Silleda); de chapas, maquillaxe, artesanía con pintura e tella; creación de imáns; boneco en maceta; viseras; tarabelas; e outro para facer carnés medievais.
Os nenos poderán disfrutar este ano con outras actividades pedagóxicas como son o espazo “xogo libre” –para os máis pequenos e pola tarde estará tamén no recinto a aula móvil da Consellería de Medio Ambiente adicada a reciclaxe.
En canto ás actividades multiaventura e deportivas a Romaría do Rapaz contará cun futbolín humano, bola de zorbing, rocódromo, tirolina e ponte mono. Haberá tamén simultáneas de xadrez e clases didácticas de petanca, a cargo do Club de Petanca Bandeira.
Animación do recinto
Durante toda a xornada celebraranse actividades musicais e de animación do recinto. A actuación do grupo Les Bregadiers sumarase a espectáculos como A danza dos paxaros, o representación teatral de As mil e unha noites, e a obra de títeres Xan Miñoca.
Ademais o carriño “Candy Bar” repartirá lambetadas de balde.
No apartado de inchables a romaría contará este ano con 4 espazos: tabla
Tamén ás 12.30 horas haberá Eucaristía Infantil. O recinto volverá a contar con servizo de pulpeiro e bar. Haberá mesas e sillas a disposición das persoas e grupos que queiran xantar na carballeira do recinto durante a xornada.
Ademais, haberá unha caseta de información aberta durante toda a xornada na que se poderán mercar ademáis pulseras localizadoras, e camisetas conmemorativas deste certame. Todo o recadado destinarase ao programa municipal Silleda Solidaria.
Fin de Festa con La Gramola Gominola
Non faltará nesta edición un dos clásicos da Romaría como é o desfile de moda con traxes realizados a partir de material de refugallo. Esta actividade está organizada polo Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda.
Nos vindeiros días comezarán os obradoiros de preparación nos que os nenos e nenas realizan as súas creación para o desfile, que terá lugar a partir das 19:00 horas no anfiteatro da Saleta. A continuación chegará o espectáculo final, que este ano correrá a cargo de La Gramola Gominola, que trae a Silleda o seu espectáculo “Cancións para desafinar”, con música desenfadada para toda a familia para bailar a ritmo de rock, funk, góspel ou punk.
Este é o segundo traballo da formación musical que naceu en 2015 con recoñecidos músicos da escea galega en diversos estilos, logo dun primeiro distco editado na colección Sonárbore (Editorial Galaxia), con 10 temas propios, destacando “Campión Internacional”, “Non movas a Crista”, “Monstro Antón” ou “Sorrir”, coas que xiraron por toda Galicia.
Cancións para desfinar, o seu novo libro-disco inclué novos temas no que convidan a disfrutar da música e a outras aprendizaxes como “A fábrica de Carmela”, “A avoa Fina”, ou “Pita Récords”.
A concellería de Cultura agradece ás entidades, empresas, asociacións, vecinos, clubes deportivos e pais saletinos de Siador, a súa colaboración “a esta festa única, que de seguro volverá a encher de ilusión a moitos nenos e nenas”, engade Ana Luisa González. Dende o Concello tamén se fai un chamamento á colaboración dos asistentes á hora de aparcar (lémbrase que hai aparcamentos de balde no entorno do recinto) e respetar a sinalización en canto a circulación do tráfico na zona.