II Fase Campo Fútbol da Gandareira-Bandeira

CONTRATO DE “DOTACIÓN DE HERBA SINTÉTICA CAMPO DE FÚTBOL A GANDAREIRA-BANDEIRA. FASE II”, DO CONCELLO DE SILLEDA

ANUNCIO DE LICITACIÓN

Licitación do contrato de “DOTACIÓN DE HERBA SINTÉTICA CAMPO DE FÚTBOL A GANDAREIRA-BANDEIRA. FASE II”, do concello de SILLEDA. (Acordo plenario de 25 Xaneiro 2018).

1.—OBXECTO e procedemento de adxudicación: O obxecto do contrato é a realización das obras consistentes na dotación de herba artificial na citada instalación (CAMPO DE FÚTBOL BANDEIRA. FASE II), cuxa codificación é CPV-2008: 39293300-5, segundo proxectos básico e de execución redactados polo arquitecto Abraham Castro Neira

O contrato ten a cualificación de contrato administrativo de obras tal e como establece o artigo 6 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, RDL 3/2011.

A obra está subvencionada pola Deputación, polo que o adxudicatario colocará un cartel publicitario durante a execución do proxecto, e logo da súa finalización, unha placa explicativa permanente nos que se aprecie que as actuacións contan co financiamento da Deputación de Pontevedra.

2.—TIPO DE LICITACIÓN: O importe do presente contrato ascende á contía de 729.480,29 euros ao que se engadirá o Imposto sobre o Valor Engadido por valor de 153.190,86 euros, o que supón un total de 882.671,16 euros.

3.—ADXUDICACIÓN: procedemento aberto con multiplicidade de factores e trámite normal.

4.—PRAZO: O prazo de execución das obras será de 11 meses a contar desde a acta de comprobación do replanto.

5.—PROPOSICIÓNS: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo de 26 días naturais, a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no BOP e Perfil do Contratante. Tamén se anunciará na Plataforma de Contratación do Estado. As Bases e demais trámites se publicarán no Perfil do Contratante do Concello de Silleda ao que se terá acceso segundo as especificacións que se regulan na páxina web: www.silleda.es. Igualmente no Perfil contratación Administración Electrónica de SILLEDA (Gestiona).

6.—DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN: Perfil do Contratante, onde se publican os Pregos e as restantes actuacións desta contratación e na Secretaría Municipal.

7.—CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

8.—GARANTÍA PROVISIONAL: non se esixe. Garantía definitiva: o 5% de prezo anual de adxudicación, IVE excluído.

9.—REVISIÓN DE PREZOS: Non se aplicará fórmula algunha de revisión.

10.-GASTOS DE ANUNCIOS: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

11.-OUTRAS INFORMACIÓNS: véxase o prego de cláusulas administrativas publicado no Perfil do Contratante.

12. CLASIFICACIÓN DO CONTRATISTA. Deberá estar clasificado no Grupo G, Subgrupo 6, categoría D e no Grupo I, Subgrupo 1, categoría C, dos establecidos nos arts. 25 e 26 do RD 1098/2001.

Lugar presentación: Concello de Silleda. Rúa Trasdeza nº 55. 36540 SILLEDA (Pontevedra) Fax: 986 581021. Tfno.: 986 58 00 00. E-mail: rosa.garcia@silleda.es

SILLEDA, 5 de Febreiro de 2018.

O ALCALDE.—Asdo.: Manuel Cuiña Fernandez