REDE DE CALOR CON BIOMASA

 

****NOTA ACLARATORIA: Ante a imposibilidade de subir a documentación electrónicamente, por causas alleas ao Concello de Silleda, tal e como se reflicte no anuncio publicado no BOP de Pontevedra, os licitadores deberán de presentar as súas propostas en formato papel (ou dixital)  a través do Rexistro Xeral do Concello, en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas. O prazo de presentación remata o luns 14 de maio.

 

 

 ANUNCIO   DE    LICITACIÓN

Anuncio en BOP, Perfil Contratante, Sede Electrónica e Plataforma Contratación

 

Licitación do contrato de “INSTALACIÓN DE PRANTA E REDE DUN  CENTRO  DE  PRODUCIÓN  E  ABASTECEMENTO   ENERXÉTICO” (Cun orzamento total de 816.587,67 €, financiados nun 80% polo INEGA, e o 20 % restante o municipio.  Dentro do programa operativo FEDER-GALICIA 2014-2020, conforme o Proxecto “Red de calor “District Heating” con biomasa en Silleda.Fase I”)  (Acordo plenario de 6  Abril de  2018).

 

1. OBXECTO e procedemento de adxudicación: O obxecto do contrato é a realización das obras consistentes na “INSTALACIÓN DE PRANTA E REDE DUN  CENTRO  DE  PRODUCIÓN  E  ABASTECEMENTO   ENERXÉTICO”, segundo proxecto redactado polo ENXEÑEIRO INDUSTRIAL RICARDO GONZÁLEZ  SANTOS.

 

Execución das obras dunha rede de calor con biomasa para o subministro de calefacción e/ou auga quente sanitaria (AQS) nás seguintes instalacións: pavillón de deportes; campo de fútbol; residencia; hotel;  guardería e  piscina municipal co obxectivo dá mellora do calentamiento global ó reducir as emisións de CO2, ademais dá optimización do consumo enerxético reducindo custos e aumentando o tempo de vida útil dos equipos.

 

O contrato ten a cualificación de contrato administrativo de obras, de acordo co artigo 13 da Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público.

 

A obra está subvencionada por INEGA, polo que o contratista colocará un cartel publicitario durante a execución, e logo da súa finalización, unha placa explicativa permanente nos que se sinale que as actuacións contan co financiamento do INEGA-XUNTA DE GALICIA e UNIÓN EUROPEA.

 

2. TIPO DE LICITACIÓN, 816.587,67 €, IVE incluído. O importe do contrato ascende á contía de 674.865,84€  de execución material –que inclúe gastos xerais, beneficio industrial e custe redacción proxecto-, ao que se engade o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE)  por valor de 141.721,83 €, o que supón un total de 816.587,67 €. (674.865,84 € + 141.721,83 € = 816.587,67 €)

 

3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN: Realizarase utilizando unha pluralidade de criterios de adxudicación en base á mellor relación calidade – prezo, de conformidade co que se establece na cláusula 11ª e demais do Prego.

 

4.  PRAZO EXECUCION: O prazo de execución das obras  será de 3  meses a contar desde a acta de comprobación do replanto (Se estima a iniciación o 28/06/2018, en tanto deberá estar certificada o 28/09/018 coma data límite)

 

5. PROPOSICIÓNS. Lugar e prazo: os licitadores presentarán as proposicións, preferentemente de forma electrónica a través da Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado, ou, alternativamente, en caso de imposibilidade,  no Rexistro Xeral do Concello,  dentro do prazo de 26 días naturais, a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no BOP e Perfil do Contratante, que tamén se anunciará na Plataforma de Contratación do Estado. As Bases e demais trámites se publicarán no Perfil do Contratante do Concello de Silleda ao que se terá acceso segundo as especificacións que se regulan na páxina web: www.silleda.es. Igualmente no Perfil Contratación Administración Electrónica de SILLEDA (Gestiona). URL: https://gestiona-05.espublico.com/

 

Clasificación. Requisito indispensable é que o empresario dispoña da seguinte clasificación:

  • GRUPO

    SUBGRUPO

    CATEGORIA

    Grupo J

    Subgrupo 2

    D

 

6. DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN: No Perfil do Contratante, onde se publican os Pregos e as restantes actuacións desta contratación e na Secretaría Municipal.

 

a) Organismo: Concello de Silleda.

b) Dependencia que tramita el expediente. Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

                  1) Dependencia: Secretaría.

                  2) Domicilio: Rúa do Trasdeza, 55.

                  3) Localidad y código postal: Silleda, 36540.

                  4) Teléfono: 986580000.

                  5) Telefax: 986581021.

                  6) Correo electrónico: ricardo.gonzalez@silleda.gal; (Enxeneiro

                               Redactor) info@silleda.gal, aedl@silleda.es; david.garcia@silleda.es.

                  7) Dirección de Internet do perfil del contratante. www.silleda.es . Administración

                         Electrónica de SILLEDA (Gestiona). URL: https://gestiona-05.espublico.com/

 

7. GARANTÍA PROVISIONAL: non se esixe. Garantía definitiva: o 5% de prezo de adxudicación, IVE excluído.

 

8.  Revisión de prezos: Non se aplicará fórmula algunha de revisión.

 

9.  GASTOS DE ANUNCIOS: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

 

SILLEDA  a 9   de  Abril  do  2018

 

O  ALCALDE

Manuel Cuiña Fernandez