ANUNCIO DE LICITACIÓN
Anuncio en BOP, Perfil Contratante, Sede Electrónica e Plataforma Contratación
Licitación do contrato de “SUBMINISTRO DE PELLETS DE MADEIRA destinado para a calefacción e auga quente sanitaria (AQS) dos inmobles municipais, así como o MANTEMENTO DAS CALDEIRAS DE BIOMASA de titularidade municipal”.
1. OBXECTO e procedemento de adxudicación: Obxecto do contrato: O obxecto do presente Contrato é definir a contratación do SUBMINISTRO DE PELLETS DE MADEIRA destinado para a calefacción e auga quente sanitaria (AQS) dos inmobles municipais, así como o MANTEMENTO DAS CALDEIRAS DE BIOMASA de titularidade municipal.
Se xustifica a contratación do servizo de subministro de pellets e mantemento das instalacións térmicas localizadas nas dependencias pertencentes ó Excmo. Concello de Silleda para una maior racionalización e control do subministro ademais de (pola falta de recursos materiais e humanos coa especialización suficiente) para levar a cabo o mantemento das instalacións térmicas. Por elo para regular as condicións técnico–económicas que han de rexer no subministro e para cumprir a normativa vixente relativa ó mantemento de instalacións térmicas de biomasa, proponse a realización do devandito Contrato.
O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de subministración, de acordo co artigo 16 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transponen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014.
2. TIPO DE LICITACIÓN.
O valor estimado do contrato ascende á contía de 37.692,30 euros (computando 2 anos,IVE exluído) o que significa 16 846,15 euros/ano (IVE excluído).
Contía:
Subministro de pellets |
14.168,46/ano (excluído IVE) |
Mantemento caldeiras |
2.677,69/ano (excluído IVE) |
Suma 2 conceptos |
16.846,15/ano (excluído IVE) |
Sinálase que o IVE por UN ANO sería 3.537,69 euros, o que significa que o importe, IVE incluído, alzanzaría a cantidade de 20.383,84 €.
3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN. A forma de adxudicación do contrato será o procedemento aberto simplificado sumario, no que todo empresario interesado poderá presentar unha proposición, quedando excluída toda negociación dos termos do contrato cos licitadores.
A adxudicación do contrato realizarase utilizando un único criterio de adxudicación que será o custo do subministro de pellets e o mantemento das caldeiras baseado na rendibilidade de adxudicación en base á mellor relación calidade-prezo de conformidade co que se establece na cláusula décima.
Perfil de contratante
Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade, este Concello conta co Perfil de Contratante ao que se terá acceso segundo as especificacións que se regulan na páxina web seguinte: www.silleda.es
4. PRAZO EXECUCION/DURACION. A duración do contrato será de UN ANO, se contará a partir do día seguinte ao da formalización do mesmo e poderá prorrogarse por UN ANO. A prórroga acordarase polo órgano de contratación e será obrigatoria para o empresario, sempre que o seu preaviso prodúzase polo menos con dous meses de antelación á finalización do prazo de duración do contrato.
5. PROPOSICIÓNS. Lugar e prazo: os licitadores presentarán as proposicións, preferentemente de forma electrónica a través da Plataforma Gestiona de Administración Electrónica de Silleda ou no Rexistro Xeral do Concello, dentro do prazo de 10 días, a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no BOP e Perfil do Contratante, que tamén se anunciará na Plataforma de Contratación do Estado. As Bases e demais trámites se publicarán no Perfil do Contratante do Concello de Silleda ao que se terá acceso segundo as especificacións que se regulan na páxina web: www.silleda.es. Igualmente no Perfil Contratación Administración Electrónica de SILLEDA (Gestiona). URL: https://gestiona-05.espublico.com/
6. DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN: No Perfil do Contratante, onde se publican os Pregos e as restantes actuacións desta contratación e na Secretaría Municipal.
a) Organismo: Concello de Silleda.
b) Dependencia que tramita el expediente. Secretaría.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Secretaría.
2) Domicilio: Rúa do Trasdeza, 55.
3) Localidad y código postal: Silleda, 36540.
4) Teléfono: 986580000.
5) Telefax: 986581021.
6) Correo electrónico: info@silleda.gal, aedl@silleda.es; david.garcia@silleda.es.
7) Dirección de Internet do perfil del contratante. www.silleda.es . Administración
Electrónica de SILLEDA (Gestiona). URL: https://gestiona-05.espublico.com/
7. GARANTÍA PROVISIONAL: non se esixe. Garantía definitiva: o 5% de prezo de adxudicación, IVE excluído.
8. Revisión de prezos: Non se aplicará fórmula algunha de revisión.
9. GASTOS DE ANUNCIOS: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.
SILLEDA a 13 de Xuño do 2018.
O Alcalde
Manuel Cuiña Fernandez