Dependencias Culturais

Casa da Cultura

Están situada na rúa Progreso 41, na que foi a antiga Escola Taller de Silleda. Ademais de sala de exposicións e Salón de Actos, -con 188 butacas- a Casa da Cultura alberga distintas aulas para a realización de actividades, ensaios, conferencias, asambleas.

Enderezo: rúa Progreso nº 41
Horario: de 09.00 a 14.00/16.30 a 20.00 horas
Teléfono: 986 581028

Biblioteca Municipal Daniel Castelao

A Biblioteca Daniel Castelao, inaugurada no 2004, é outro dos referentes, no que se desenvolven ademais actividades do programa Ler Conta Moito, para o público infantil. Conta na actualidade con máis de 10.000 volumes.

Enderezo: rúa Progreso nº 41
Horario: de 09.00 a 14.00/16.00 a 20.00 horas
Teléfono: 986 580720
E-mail: biblioteca@silleda.com

Mosteiro de Carboeiro

O Mosteiro románico de Carboeiro é tamén polas súa fermosura e características acústicas punto de encontro no plano cultural. Ademais da realización de concertos e outros eventos no templo, as antiguas dependencias monacais acollen unha sala de exposición.

Auditorio Municipal Manuel Dopazo

Abreu as súas portas no ano 2006, convertíndose nun novo punto de encontro a nivel social e cultural para os veciños da Bandeira e arredores. As súas instalacións acollen tamén as dependencias da Escola de Música da Bandeira, a Banda Recreativa e Cultura da Bandeira, o Coro Vales Mahía, ademais de ser lugar de ensaio dos grupos folclóricos Fortín da Pomba e Xirandola.

Enderezo: rúa do Deporte (A Bandeira)
Teléfono: 986 585838
Horario: de 16.00 a 22.00 horas de martes a venres. Luns pechado. Sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Centro Cultural Vista Alegre

O Centro Cultural Vista Alegre é un dos edificios máis emblemáticos da Bandeira. Construído por emigrantes de Bos Aires con ideas ilustradas, comezou sendo unha escola e biblioteca. Hoxe, ademais de contar coa, constitúe o local social dun amplo abano de diversas asociacións que desempeñan nel unha boa parte das súas actividades, ademais de contar cunha ampla Sala de Exposicións e coa biblioteca Ramón de Valenzuela.

Enderezo: rúa Vistalegre nº 16
Horario: de 16.00 a 20.00 horas
Teléfono: 986 585550
E-mail: asocvistalegre@terra.es

Escola de Música Municipal

No ano 1996 naceu en Silleda  Escola de Música Municipal, hoxe tamén cun aula na vila da Bandeira. Conta con máis de 150 alumnos e un amplo programa docente no que destacan múltiples actividades como a asistencia a concertos, recitais didácticos, cursos de verán , festivais da Nadal e fin de curso, creación de grupos de cámara, banda xuvenil, coro, ou a celebración do Día da Música no mes de xuño. Algúns dos alumnos do centro teñen participado en entidades de gran prestixio a nivel nacional e internacional como a Xove Orquestra Mundial, a Sinfónica de Galicia, Jonde…

Dende xaneiro de 2016 as instalacións da Escola de Música de Silleda están situadas no recinto feiral, no antigo edificio de oficinas da Semana Verde. As aulas da Bandeira están no recinto do auditorio Manuel Dopazo.