Silleda, 24 de abril de 2019. O mosteiro de Carboeiro rexistrou un total de 882 entradas durante os días festivos da pasada Semana Santa, unha cifra que da conta do interese que segue a despertar este conxunto histórico e patrimonial e o seu entorno.
“Estamos lonxe dos case 1.000 visitantes que tivemos na Semana Santa de 2017, cun tempo moi soleado. Pero aínda así superamos os máis de 500 visitantes da Semana Santa do ano pasado, polo que as cifras son máis que satisfactorias”, indica a concelleira de Turismo, Ana Luisa González.
A xornada de maior afluenza foi o Venres Santo con 353 persoas visitantes, seguido do sábado con 262. O xoves rexistráronse 134 e o domingo de Pascua outras 133. Os accesos durante estes catro días festivos supoñen aumentarán considerablemente o balance deste mes, logo doutro exitoso mes de marzo con 1.692 visitas.
A día de hoxe o mosteiro conta con horario de primavera, abrindo de todos os días de luns a domingo en horario de 11:00 a 14:30 e polas tardes de 15:30 a 19:00 horas.
Este horario de primavera aplicarase ata o vindeiro mes de xuño, ampliándose novamente en xullo co horario de verán (cando estará aberto ao público ata as 20:30 horas).