Silleda, 13 de maio de 2019. O Concello de Silleda continúa apostando polo apoio ao deporte. Así, hoxe mesmo o alcalde, Manuel Cuiña, asinou co pai do xoven piloto Cristian Costoya, un acordó de patrocinio polo que o Concello de Silleda aportará 15.000 euros que axudarán a este prometedor deportista a participar esta tempada en distintas competicións a nivel mundial.
Con tan só 8 anos, Costoya conta xa cun envidiable palmarés na súa carreira, que iniciou con 4 anos. En outubro do pasado ano participaou na final do Rotax Max Challenge, en Brasil. Ao día seguinte de cumplir os 6 anos, logrou a súa primeira victoria absoluta, Pole e volta rápida na categoría alevín do campeonato galego, no que competiu con rivais de ata 11 anos. Foi elixido tamén o mellor piloto español do ano polos lectores do portal especializado Vroom o pasado ano, cando se fixo tamén co Trofeo Ibérico Rotas Micro e o de Portugal, dándolle este último o seu pase á final de Brasil.
“Somos conscientes de que neste tipo de competicións as cuestións económicas son claves para participar ou non. Ademais diso, estamos convencidos de que Christian Costoya continuará colleitando novos éxitos e triunfos na súa carreira”, indica o alcalde, Manuel Cuiña. A proposta do goberno municipal foi respaldada por todos os grupos no pleno do pasado 1 de abril.
O orzamento estimado que o deportista presentou para esta tempada, na que Costoya volverá a estar presente en varias competicións (Winter Series España, Campeonato de España Kartimg CEK, Series Rotax de España e Portugal e no mundial que se disputará en Italia), ronda os 39.000 euros.
Con esta aposta, o Concello de Silleda súmase ao resto de entidades patrocinadoras que están a apoiar a carreira deste xovencísimo piloto, entre os que figuran empresas silledenses e outras do sector automovilístico como MarlonKart, de Castellón.
Pola súa banda, a concelleira de Deportes, Ana Luisa González, explica que “cando máis se necesita o apoio é ao principio, e esperamos con ilusión poder ver dentro duns anos no podio dos máis grandes do automovilismo a este silledense”, explica lembrando tamén que Costoya foi elixido para participar na Academy CEK, o centro de Barcelona impulsado polo piloto asturiano de F1 Fernando Alonso para potenciar aos xóvenes talentos.
Pola súa banda, Marcos Costoya, pai do xoven piloto, amosou o seu agradecemento ao Concello de Silleda por este apoyo que lle permitirá continuar esta tempada coa competición.