Silleda, 10 de xuño de 2019. O mosteiro de Carboeiro segue a consagrarse como escenario musical. O vindeiro domingo 23 terá lugar a actuación do grupo musical vocal chegada dende norteamerica, The Ladies of the McGilvray Chorale, baixo a batuta do prestixioso director Byron McGilvray.
A formación, con 25 voces femininas, realizará só tres actuacións en Galicia o vindeiro verán, sendo unha delas a do mosteiro de Carboeiro, onde que pecharán a xira de verán por Galicia e Portugal.
A cita, con música sacra, será ás 19:30 horas, na igrexa do mosteiro, con entrada libre.
The Ladies of the McGilvray Chorale iniciará este domingo 16 a xira en Évora en Portugal, país no que estarán tamén en Monsaraz e Castelo de Vide. En Galicia actuarán o 21 en Baiona, na Capela de Santa Liberata e o 22 en Santiago, na igrexa da Universidade.
Nacido en Texas, Mc Gilvray, que visitou Galicia o pasado mes de novembro, atesoura unha longa traxectoria como mestre en distintas universidades e centros e director de formacións durante os últimos 40 anos. Ademais de impartir clases como profesor de música na universidade estatal de San Francisco, McGilvray dirixiu numerosas xiras en distintos países de Europa nos últimos anos. Foi tamén mestre en China, Taiwan, Xapón, Israel ou Exipto entre outros, ten dado numerosas conferencias e sesións de traballo por todo o mundo e foi un dos fundadores con Robert Shaw do Festival of Masses.
O director recalou en Silleda logo de coñecer por Julio Domínguez, director do prestixioso curso de verán “Tamara Brooks”, as excelente acústica do mosteiro. “Estamos seguros de que este concerto será todo un fito en Silleda”, sinala a concelleira de Cultura e Turismo, Ana Luisa González.