Silleda, 13 de xuño de 2019. A Romaría do Rapaz celebra a súa trixésimo primeira edición o vindeiro domingo día 30. A cita, no recinto da Saleta, en Siador, contará con actividades xa clásicas e terá como lema A Música. O programa amplíase este ano cun máis de 40 ropostas, entre espectáculos, obradoiros, actividades….
Esta festa singular e única en Galicia, onde os cativos son os protagonistas, arrancará ás 11.00 horas coa apertura de obradoiros, inchables, actividades deportivas e multiaventura, que continuarán durante toda a xornada.
Entre os obradoiros figuran chapas, maquillaxe, monicreques musicais, axóuxeres reciclados, tambores con globos, pins de pandeireta, tambores chineses, héroes medievais, zona “Castronaturix” e lapiceiros de mimbre, sendo realizao este último polo colectivo do CDR Medelo-Cogami.
Os nenos poderán disfrutar este ano con outras actividades pedagóxicas como son o espazo “multixogo” –para os máis pequenos_, circuito de tractores, zona sensorial para bebés.
Gran tirolina de 100 metros
En canto ás actividades multiaventura a Romaría do Rapaz contará este de novo ano cunha tirolina de grandes dimensións, con 100 metros de percorrido. Entre as novidades figuran un circuito de pontes, galería de tiro paintball, campo de Archery, tiro con cerbatana, labirinto de gomas, slack-line, cama elástica, un hula hoop xigante e pesca de rodaballo.
Tobogán xigante Río Bravo de 60 metros
Non faltarán entre os que repiten, ademais da gran tirolina, o rocódromo monolito e dúas bolas zorbing. Así mesmo, e ao igual que o ano pasado, os participantes poderán disfrutar con actividades acuáticas entre as que destaca un tobogán xigante “Río Bravo” de 60 metros de longo.
No apartado de inchables a romaría contará este ano con 4 espazos ademais do super tobogán: fantasía, spiderman, Os Lunnis e Acuático Delfín.
Respecto ás actividades deportivas destacan as simultáneas de xadrez, o futbolín humano, e como novidades, un taboleiro xigante de xadrez e unha pista de baloncesto.
Animación do recinto
Durante toda a xornada celebraranse actividades musicais e de animación do recinto. Así en Siador estará a Petit Caravane, unha caravana que durante toda a xornada ofrecerá pases de maxia de cerca.
Pola mañá haberá un espectáculo itinerante da Aula de Música da Bandeira e xa pola tarde o público poderá disfrutar co Cancioneiro de Cotobade, a cargo de Oradaladou (incluido no ano adicado á música da Deputación de Pontevedra), o desfile dos Músicos de Bremen e os títeres de Viravolta, co espectáculo “Todos ao balcón”.
Ademais, haberá unha caseta de información aberta durante toda a xornada na que se poderán mercar pulseras localizadoras, e camisetas conmemorativas deste certame. Todo o recadado destinarase ao programa municipal Silleda Solidaria.
Desfile e fin de festa con Xirandola e Banda Xuvenil
Non faltará nesta edición un dos clásicos da Romaría como é o desfile de moda con traxes realizados a partir de material de refugallo. Esta actividade está organizada polo Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda.
A Romaría do Rapaz rematará co espectáculo final con selo silledense: actuarán no anfiteatro a Escola de Baile do grupo Xirandola e banda Xuvenil de Silleda
Dende a Concellería de Cultura, Ana Luisa González, que hoxe presentou xunto co alcalde, Manuel Cuiña e personal técnico de Cultura esta edición, agradece a participación a todos os que colaboran con “esta festa única, que de seguro volverá a encher de ilusión a moitos nenos”, engade Ana Luisa González.
Dende o Concello tamén se fai un chamamento á colaboración dos asistentes á hora de aparcar (lémbrase que hai aparcamentos de balde no entorno do recinto) e respetar a sinalización en canto a circulación do tráfico na zona.
O recinto volverá a contar con servizo de pulpeiro e bar. Haberá mesas e sillas a disposición das persoas e grupos que queiran xantar na carballeira do recinto durante a xornada.