Silleda, 29 de xuño de 2019. O mosteiro de Carboeiro aplicará dende o luns día 1 o horario de verán coincidindo tamén coa incorporación do novo guía turístico a través do programa Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra.
Así o mosteiro abrirá todos os días, de luns a domingo en horario de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas. Este horario manterase durante os meses de xullo e agosto. A época estival coincide ademais co maior número de visitantes do mosteiro e do seu entorno que se sitúa en torno ás 20.000 entradas anuais.
Nos vindeiros días, e ante a realización das obras de restauración do mosteiro, tamén está previsto realizar cambios no acceso das visitas, evitando o paso do público polo claustro para garantir a seguridade dos visitantes.