Silleda, 23 de setembro de 2019. O Concello de Silleda a través do departamento de Benestar Social, que dirixe Ángela Troitiño, informará aos usuarios/as sobre o Programa de Axudas ao Alugamento de Vivendas do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, destinado a sectores da poboación en escasos medios económicos.. O programa vén de abrir a convocatoria para este ano, rematando o prazo de presentación de solicitudes o vindeiro 11 de outubro.
As persoas beneficiarias poderán acceder ao programa a través de dúas axudas: axuda ao alumentado de vivenda (con contías en función da renda mensual do alugamento e da idade da persoa solicitante) e outra dirixida á mocidade (persoas que aínda non cumpriran os 35 anos). Todas as persoas que desexen recibir máis información sobre esta convocatoria, así como dos requisitos e documentos que deben de presentar, debe dirixirse ao Centro Social de Silleda (onde se atopan as dependencias de Benestar Social) ou ben chamar ao 986 592037.
Para ser beneficiario/a das axudas é indispensable ser titular dun contrato de alugamento no momento de presentar a solicitude.