Silleda, 19 de novembro de 2019. O programa municipal Silleda Solidaria vén de poñen en marcha un ano máis a campaña ‘Un agasallo, un sorriso’ para que todos os nenos e nenas do noso Concello poidan disfrutar do Nadal.
Recolleránse xoguetes novos ou en bo estado, material escolar, produtos de hixiene e aseo ou outros agasallos que se consideren oportunos. Para colaborar ca campaña as doazóns deben deixarse no Centro Social de Silleda.
Estes agasallos, como en anos anteriores, entregaránse aos nenos/nenas das familias con menos recursos durante este Nadal. Todo o donado deberá entregarse nas dependencias de Benestar Social de Silleda, no Centro Social.
A concelleira de Benestar Social e Iguadade, Ángela Troitiño agradece de antemán a colaboración de todos os veciños e veciñas e entidades que cada ano “participan de xeito desinteresado con esta iniciativa facendo que ningún neno se quede sen agasallo neste Nadal”, engade. Tamén continúa ata este xoves a campaña de recollida de xoguetes da Anpa Brincadeira da Bandeira e no programa de Nadal incluiránse actividades organizadas por clubs deportivos tamén con fins solidarios.