Silleda, 4 de decembro de 2019. O Concello de Silleda organiza a sexta edición de Silledagasalla, un certame que ven colleitando moito éxito dentro da campaña de Nadal.
Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Ángela Troitiño, en colaboración cos centros educativos e o sector do comercio de Silleda.
Con este certame, para o fomento da lingua galega elixiranse os lemas máis orixinais que logo se repartirán entre os comercios para acompañar os agasallos de Nadal dos clientes.
Trátase de que o alumnado aporte lemas en galego relacionados coas datas de Nadal. Estes lemas serán logo editados polo Concello de Silleda, convertíndoos en pegatinas de felicitación que serán repartidas a aqueles comercios do municipio de Silleda que o solicitaron, e que se entregarán a vindeira semana para a decoración dos agasallos de Nadal.
Dende a Concellería de Normalización Lingüística agradécese a partiripación do CEIP Ramón de Valenzuela e o CPR María Inmaculada, que este ano participaron na confección dos lemas.