Vacaloura Estudio, gaña o XX Concurso de Escaparates do Concello de Silleda

Silleda, 21 de decembro de 2019. A Concellería de Comercio de Silleda fixo  no día de onte entrega dos diplomas que acreditan os premios e mencións especiais Da XX edición do Concurso de Escaparates do  Concello de Silleda.

Con xa vinte anos de existencia e de recoñecemento o Xurado calificador estivo presidido  pola  Concelleira de Comercio, Pili Péon e composto  por alumnos e profesoras do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais do Instituto silledense Pintor Colmeiro.

O Tribunal, que fixo ata tres visitas,  pola mañá, tarde e noite dictaminou que que fose o Estudio Fotográfico Vacaloura que acadase a maior puntuación para levar o 1º Premio consistente en Diploma e 200 euros, outorgado polo Concello de Silleda.  Este establecemento xa recibiu un accésit o pasado ano.

Obtivo o segundo premio a Orixinalidade e Innovación  a Optica Silva, un establecemento,  xa recoñecido  doutras ocasións que agradece ese galardón cando das mans dos seus empregados sae tal traballo.  A súa retribución de 150 – euros e diploma é outorgado  da xentileza do Hotel Vía Argentum.

En tercer lugar  tivo a concesión do terceiro premio  que distingue ao escaparate máis orixinal con exposición de produto  outro habitual da decoración persoal do autor, a Floritería Carmiña.  Este premio consistente en diploma e 150 euros,  é concedido pola Estación de Servizo de Silleda.

A novidade deste exercicio 2019, que chega os seus vinte anos,  estriba na dificultade para a concesión de galardóns. Como indica a concelleira Pili Péon “ É tanta a calidade dos escaparates  que habería de darlles un premio especial a todos”, indicando que  “en todos eles se aprecia, moita creatividade e espíritu do Nadal”

 

Por eso o Tribunal decidiu conceder cinco mencións especiais  Así  acordou outorgar as seguintes mencións especiais:  Optica Titanium pola orixinalidade do “Calendario de Adviento” e a música ambiental;  Pinturas A  Fervenza, polo Uso de produtos da Terra na súa confección; Marbelis como testimuña da súa Composición do Conxunto; Eyo Flor, polo Mellor Ambiente Temático e finalmente unha quinta mención ao Establecemento Pellets, pola  Estética do seu  Conxunto,

A  concelleira  de Comercio visitou o día 20 os oito locais premiados  para a entrega dos diplomas que acreditan tal merecemento. Os galardóns dos tres primeiros premios,  serán entregados ás 12:00 horas, o día 3 de xaneiro de 2020 na Sala de Xuntas do Concello.

Na convocatoria deste ano 2019 participaron un total de 60 establecementos  con decoración  sendo  preseleccionados para a súa calificación  28, un bo número  dadas a circunstancias actuáis.