Silleda, 23 de decembro de 2019. O Concello de Silleda vén de publicar as bases para a contratación dun/a conserxe-subaltaerno para o auditorio municipal Manuel Dopazo, sito na Bandeira, para substituir á súa titular que se atopa de baixa médica. A convocatoria pode consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Silleda e na web municipal (perfil do contratante, apartado servizos).
O anuncio sae hoxe públicado nos diarios e as persoas interesadas en participar no proceso selectivo dispoñen de 6 días naturais para presentar a instancia (Anexo I das Bases) no Rexistro Municipal (en horario de 09:00 a 14:00 horas ) xunto cos méritos e a documentación que se indica nas Bases. O prazo remata o vindeiro luns día 30.