Silleda, 23 de xaneiro de 2020. O Concello de Silleda ven de encargar un estudio para a medición do gas Radón. Esta iniciativa, que levará a cabo unha empresa especializada, cun orzamento de 1.680 euros sen IVE, constará de dúas partes: unha técnica e outra relativa ao inventario de zonas de risco.
Deste xeito, o Concello de Silleda convirtese en pioneiro ao ser dos primeiros en cumplir co o R.D.1439/2010 de 5 de Novembro polo que se modifica o Regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes.
Tendo en conta ademais a relación de zonas publicadas no R.D 732/2019., publicado no BOE do pasado 27 de decembro , que considera o Concello de Silleda como zona de risco nos vindeiros días comezarán a facerse as medicións nun total de 6 establecementos públicos .
Colocaránse un total de 48 detectores nas dependencias da Casa Consistorial, Centros Sociais dos Maiores de Silleda e A Bandeira, Ceips de Silleda e A Bandeira, e o Auditorio Manuel Dopazo.
“Este é un primeiro muestreo e en función dos resultados, que contamos ter en abril, continuaremos ou non con este estudio”, indica o alcalde.
Galicia en xeral e o Concello de Silleda en particular son recoñecidos como zona de risco na concentración de gas radón, canceríxeno que se mide en Bequerelios e que se considera como límite aceptable a existencia de 300 bq por metro cúbico de aire.
Os detectores serán colocados de inmediato e terán que estar recollendo o gas radón durante 90 días. O proceso consistirá na colocación de detectores, recollida, análises de resultados e medidas a adoptar en cada caso.
Así, o Concello de Silleda, é o primeiro o un dos primeiros en Galicia, en actuar despois de saír publicado no BOE o R. D. 732//2019 DE 27 DE DECEMBRO onde se modifica o código técnico da edificación.