ABERTA A CONVOCATORIA PARA SOLICITAR AXUDAS AO SECTOR HOSTALEIRO POR MOR DA PANDEMIA EN SILLEDA

Silleda, 16 de Xullo de 2021. O BOP de Pontevedra publica hoxe a convocatoria de axudas á hostalería do Concello de Silleda para o sector hostaleiro pola incidencia da pandemia. As axudas serán de 1.200 euros a cada establecemento. Estas subvencións outórganse con cargo a fondos municipais e da Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos.

As solicitudes deben presentarse por Sede Electrónica e o prazo comeza o 17 de Xullo de 2021 e  remata o día 5 de Agosto de 2021, ambos incluídos.

A continuación están dispoñibles as bases e o anexo

BASES REGULADORAS DE AXUDAS A ESTABLECEMENTOS DO SECTOR HOSTALEIRO PARALIZADOS POLA CRISE DA COVID-19-1

ANEXO BASES AXUDAS HOSTALERÍA