O Mosteiro de Carboeiro aplica dende o sábado o horario de verán
-Ampliase o tempo de apertura do edificio ao incorporarse a nova guía do Punto de Información Turística, contratada a través do programa Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra
Silleda, 16 de xuño de 2022. O mosteiro de Carboeiro aplicará dende este sábado día 18 o horario de verán coincidindo tamén coa incorporación da nova guía turística a través do programa Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra.
Así o mosteiro abrirá todos os días durante este verán, de luns a domingo en horario de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas. Este calendario manterase durante os meses de xullo e agosto e na primeira quincena de setembro (ata o 18). A época estival coincide ademais co maior número de visitantes do mosteiro e do seu entorno que nos últimos anos se vén situando en torno ás 20.000 entradas anuais.
Ca ampliación de personal, grazas á subvención da Deputación de Pontevedra a través da Rede Info Rías Baixas (mediante contrato a empresa, modalidade establecida nas bases da axuda) o mosteiro reforza un ano máis a atención no mosteiro, onde se ubica ademais o Punto de Información Turísica do municipio de Silleda.
Así mesmo, para os vindeiros meses estanse a deseñar distintas actividades culturais neste espazo histórico e patrimonial.