Silleda, 1 de marzo de 2023. O Concello de Silleda continua a mellorar a xestión do servizo de recollida e transporte de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) a través da axuda do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra 2023 (Liña II) . O organismo provincial vén de confirmar a concesión dunha axuda por importe total de 78.122,71 euros, con cargo á Liña 2 do citado Plan Concellos. A través desta subvención confinanciarase a xestión do servizo. “O goberno vén apostando por mellorar os servizos á cidadanía e sen dúbida a recollida de residuos é un dos servizos básicos que dende as Administracións temos que seguir mellorando”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, que destaca a importancia do Plan Concellos “non só para materializar novas obras ou contratar persoal, s senon tamén para cofinanciar xunto cas entidades locais servizos para a cidadanía”, engade.