Silleda, 5 de abril de 2023. O BOP de Pontevedra publica hoxe as bases axudas municipais á creación de emprego, cunha partida total de 20.000 euros.
A igual que na anualidade anterior, estas bases teñen carácter retroactivo, podendo beneficiarse persoas autónomas e empresas que iniciaran a súa actividade dende o 1 de novembro de 2022.
As condicións son similiares ás de convocatorias anteriores (podendo solicitar estas axudas aquelas persoas que estén en situación de desemprego e queiran emprender proxectos pola súa conta), se ben hai que ter en conta que as contías se aumentaron xana convocatoria de 2021. Así, a axuda por apertura de local comercial pasou de 300 a 600 euros, e a Alta no Réxime de Cotización de Autónomos de 600 a 900 euros.
O importe máximo da axuda é de 4.200 euros. Ademais, trátase dun programa programa no que se valora a maiores a perspectiva de xénero, con discriminación positiva no apartado referido á contratación de persoal.
Puntúase que o promotor/a do proxecto sexa parado/a de longa duración; a apertura de local; a alta no Réxime de Autónomos; a contratación de persoal; e prímanse aqueles proxectos relacionados co sector primario, medio ambiente o que aposten polo I+D+I.
Tamén se outorgan a maiores puntos extra, para aqueles casos nos que os proxectos sexan promovidos por mulleres con cargas familiares de unidades monoparentais.
A continuación recóllense as bases e anexos destas subvencións: