-Esta versión da novela de Vicente Risco vén de gañar varios premios María Casares. Evaristo Calvo, Victor Mosqueira e Patricia Vázquez recrearán no Salón Parroquial de Silleda (19:00h) con entrada de balde está sátira da sociedade e a clase política dos anos 20
Silleda, 14 de abril de 2023. O mellor teatro galego volve a pasar por Silleda. Logo da existosa representación o pasado mes de Pirolíticos no auditorio Manuel Dopazo, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo voltan –celebrando os seus 30 anos nos escenarios- con outra forte aposta.
O porco de pé, versión da novela ca que Vicente Risco (1884-1963) satirizou á sociedade e á clase política dos anos 20, recala no Salón Parroquial de Silleda o vindeiro domingo 23, Día do Libro, ás 19:00 horas.
A entrada a este espectáculo, recomendado para maiores de 14 anos, é de balde, ata completar aforo.
O dúo Mofa e Befa estará acompañado nesta ocasión pola actriz Patricia Vázquez, para a posta en escea desta versión da novela que ridiculiza aos felices anos 20 dun xeito grotesco nesta proposta de Producións Teatráis Excéntricas.
O porco de pé, vén ademais de gañar tres galardóns na edición dos premios María Casares deste ano: : Mellor Adaptación (para Quico Cadaval e Pepe Sendón); Mellor Actor Secundario (Evaristo Calvo) e Mellor Vestiario (Carlos Alonso).
Dende a Concellería de Cultura de Sílleda anímase ao público a asistir a esta representación, unha das máis ovacionadas do último ano na escea teatral galega.