Silleda, 24 de xaneiro de 2013. Baixo o nome de Dinamización do Turismo e o Comercio Local por medio das redes sociais presentouse hoxe en Silleda unha nova ferramenta para o fomento dos recursos turísticos de Trasdeza , así coma do sector hostaleiro e do comercio.
A empresa local Ágilweb, de recente creación, vén de crear unha aplicación na rede social foursquare para dar a coñecer as múltiples posibilidades que ofrece unha visita ao municipio silledense. O concelleiro de Turismo, Matías R. Da Torre, que presentou a iniciativa xunto co xerente da firma, Ernesto Corrales, destacou que a día de hoxe son moitos os que usan a Internet para atopar información turística. “A dinamización do turismo ofrece con esta vía posibilidades económicas importantes”, engadiu o concelleiro, lembrando as sinerxias entre o turismo, e outros sectores coma o comercio ou a hostalería e o grande número de usuarios das redes sociais.
“Con esta nova aplicación, toda a información de Silleda estará de xeito instantáneo a disposición dos usuarios, que cada vez utilizan máis a tecnoloxía móbil para acceder á Internet e as redes sociais. Os nosos atractivos turísticos e culturais terán agora máis visibilidade nas redes sociais”, agregou.
Neste senso, Ernesto Corrales destacou que o último estudo anual sobre redes sociais realizado polo iab Spain Research, conclúe que 8 de cada 10 usuarios de Internet se conectan para acceder ás redes sociais, unha cifra que vai en aumento. Así mesmo, máis da metade dos usuarios acceden a través de terminais móbiles, conectándos a calquera hora e en calquera lugar.
“A rede Foursquare invita ademais a deixar comentarios, ou subir fotos que son compartidas en contas de Facebook e Twitter”, engadiu Ernesto Corrales, explicando que o uso desta ferramenta está máis extendido nas grandes ciudades, “algo moi interesante á hora de atraer máis visitantes”.
Ademais de interconectar coas redes sociais con máis seguidores, a través da aplicación, á que pode accederse na dirección es.foursquare.com/turismosilleda, tamén se ofrece información sobre locais comerciais ou hostaleiros da zona.
“Esta aplicación permite ofrecer aos turistas diferentes itinerarios con un eixo temático ou xeográfico, suxerindo puntos que visitar e incitando ademais a deixar os sus comentarios ou subir fotografías. Así incrementamos a calidade da experiencia turística”, engadiu Ernesto Corrales.
Os sitios que se visitan a través de Foursquare, baseada nos dispositivos móbiles que contan con xeolocalización, compártense noutras redes, unha das principais vantaxes á hora de difundir o potencial turístico e os recursos dispoñibles para os visitantes.