A  Romaría da Rapazada celebra a súa 33 edición o vindeiro domingo 25 en Siador

-Obradoiros, actividades de animación, xogos inchables, actividades multiaventura, e un espectáculo final con Odaiko integran a proposta

Silleda,  19 de xuño de 2023. A Romaría da Rapazada celebra a súa trixésimo terceira  edición o vindeiro domingo día 25. A cita, no recinto da Saleta, en Siador, contará con actividades xa clásicas nun xornada única que regresa ao calendario silledense con numerosas actividades, todas de balde, pensadas para @s mais pequen@ da familia. Esta festa singular e única en Galicia, onde a cativada é a protagonista, arrancará ás 11.00 horas coa apertura de obradoiros, inchables, actividades e actividades multiaventura, que continuarán durante toda a xornada.

Entre os obradoiros figuran un de tatuaxes temporais, de maquillaxe,  de chapas, animais móbiles, de pins con forma de pandeireta  e tamén outro adicado ao mundo mariño e ao verán que coordinará a Anpa Raparigos. Os nenos poderán disfrutar este ano con outras actividades pedagóxicas como son o espazoludoteca –para os máis pequenos_, da que se encargará a entidade AUPA Pais Azuis de Deza, tamén cun puzzle de madeira. Ademais haberá e outras actividades como un karaoke, xogos tradicionais e partidas de xadrez.

Gran tirolina de 100 metros e tobogán acuático

En canto ás actividades multiaventura a Romaría do Rapaz contará este de novo ano cunha tirolina de grandes dimensións, con 100 metros de percorrido e un tobogán acuático. A zona multiaventura contará tamén cun rocódromo, e 4 xogos hinchables, así como as bolas zorbing..

 

Animación do recinto

Durante a xornada  a animación chegará da man da Superpandi, con personaxes de Disney.

Ademais, haberá unha caseta de información aberta durante toda a xornada con pulseras localizadoras, e material conmemorativo deste certame.  Tamén se sortearán agasallos entre os nenos e nenas participantes.

Fin de festa con Odaiko

A Romaría do Rapaz rematará co espectáculo final no anfiteatro do recinto, a cargo de Odaiko Percusión co titulo Vaia Ritmo!, no marco do programa Cultura no Camiño.

Dende o Concello de Silleda, que organiza este evento, agradécese a inestimable colabroación dos Padres Saletinos e da veciñanza de Siador, así como das asociacións e colectivos colaboradores.

Así mesmo, tamén se fai un chamamento á colaboración das persoas asistentes á hora de aparcar (lémbrase que hai aparcamentos de balde no entorno do recinto) e respetar a sinalización en canto a circulación do tráfico na zona

O recinto volverá a contar con servizo de bar e xantar. Haberá mesas e sillas a disposición das persoas e grupos que queiran xantar na carballeira do recinto durante a xornada.